Escoitádeme a min cantando no centro
Falade de min aos vosos amores, aos vosos amigos
Faládelles desta moza de ollos negros
E do seu tolo soño
O que quero é escribir historias
Que vos cheguen
Iso é todo
Velaquí, velaquí, velaquí quen eu son
Velaquí estou aínda que espida, teño medo, si
Velaquí estou no ruído e no silencio.
Ollade para min, ou polo menos o que queda de min
Ollade para min, antes de que me deteste
Que vos hei dicir, que os beizos doutra
Non vos dirían?
Non é moito, pero todo o que eu teño déixoo alí,
Velaquí.
Velaquí, velaquí, velaquí quen eu son
Velaquí estou aínda que estea espida, isto acabou.
É a miña boca é o meu pranto, velaquí que mágoa
Velaquí, velaquí, velaquí xusto aquí
O meu soño, o meu desexo, como morro, como río
velaquí estou no ruído e no silencio.
Non marchedes, prégovolo, quedade por moito tempo
Se cadra iso non me salve, non
mais non sei o que hei facer sen vós.
Querédeme como se quere a un amigo que marcha para sempre.
Quero ser amada
porque eu non sei como amar os que me rodean.
Velaquí, velaquí, velaquí o quen son
Velaquí estou aínda que estea espida, isto acabou
Velaquí estou no ruído e na furia tamén
Ollade para min finalmente e os meus ollos e as miñas mans,
Todo o que teño está aquí, é a miña boca, é o meu pranto
Velaquí estou, Velaquí estou, Velaquí estou
Velaquí, velaquí
Velaquí, velaquí
Velaquí!