Vimos do norte,
vimos do sur,
das terras do interior,
de alén mar,
e non cremos nas fronteiras
se detrás hai un compañeiro
coas súas mans estendidas
cara a un porvir liberado.
E camiñamos para poder ser
e queremos ser para camiñar.
Vimos do norte,
vimos do sur,
das terras do interior,
de alén mar,
e non nos guía ningunha bandeira
que non se chame liberdade,
a liberdade de vida plena
que é liberdade dos meus compañeiros.
E queremos ser para camiñar
e camiñar para poder ser.
Vimos do norte,
vimos do sur,
das terras do interior,
de alén mar,
e non sabemos himnos triunfais
nin marcar o paso do vencedor,
que se a loita é sanguenta
será con vergonza do sangue.
E camiñamos para poder ser
e queremos ser para camiñar.
Vimos do norte,
vimos do sur,
das terras do interior,
de alén mar,
serán inútiles as cadeas
dun poder sempre escravizante,
cando é a vida mesma
quen nos obriga a cada paso.
E camiñamos para poder ser
e queremos ser para camiñar.