Toca para min "O vello rei Cole" 1
Para que poida unirme contigo
Todos os teus corazones semellan agora tan lonxe de min 2
Non parece que iso importe demasiado agora
E a ama de cría vaiche contar mentiras
Dun reino alén os ceos
Mais eu estou perdido neste mundo a medias
Non parece que iso importe demasiado agora
Tócame a miña canción
Velaquí está de novo
Tócame a miña canción
Velaquí está de novo
Só un pouquiño máis
Só un pouquiño máis de tempo
O tempo que queda para pasar o resto da miña vida
Tócame a miña canción
Velaquí está de novo
Tócame a miña canción
Velaquí está de novo
O vello rei Cole era unha alma vella e alegre
Unha alma vella e alegre era
Así que pediu a súa pipa 3
E pediu a súa cunca
E chamou os seus tres violinistas
O reloxo, tictac
Na repisa
E quero
E sinto
E sei
E toco
O muro...
Ela é unha dama, ten tempo
Cepilla o pelo cara atrás
e déixame coñecer o teu rostro
Ela é unha dama, é miña
Cepilla o pelo cara atrás
e déixame coñecer a túa carne
Esperei aquí durante moito tempo
E todo este tempo pasou por diante de min
Non parece que iso importe agora
Ficas aí coa túa expresión fixa
Lanzando dúbidas sobre todo o que hei de dicir
Por que non me tocas? Tócame!
Por que non me tocas? Tócame!
Tócame agora, agora, agora, agora, agora
Agora, agora, agora, agora, agora
Agora, agora, agora, agora, agora
1. "O vello rei Cole" ("Old King Cole") é unha nana popular británica coñecida desde o século XVIII, cuxa versión moderna máis corrente é:
--------------------------------
Old King Cole was a merry old soul,
And a merry old soul was he;
He called for his pipe, and he called for his bowl,
And he called for his fiddlers three.
Every fiddler he had a fiddle,
And a very fine fiddle had he;
Oh there's none so rare, as can compare,
With King Cole and his fiddlers three.
--------------------------------
A letra de "The Musical Box" inclúe os catro primeiros versos desta nana.2. Parece que os corazóns deste verso constitúen unha referencia aos soldados da Raíña de Corazóns -sempre tan disposta a decapitar os seus inimigos- que aparece nos capítulos finais do libro Alicia no País das Marabillas de Lewis Carroll.3. Non está claro se o que pediu o rei foi una pipa de fumar ou foi un instrumento musical (frauta ou gaita), debido á ambigüidade do termo inglés "pipe" e mais do contexto no que aparece.