current location : Lyricf.com
/
Songs
/
¡Somos! [We Are!] [English translation]
¡Somos! [We Are!] [English translation]
turnover time:2024-10-05 12:56:38
¡Somos! [We Are!] [English translation]

O ouro, a fama, o poder. Todo o tivo Gold Roger, o home que nos seus tempos se proclamou Rei dos Piratas. Mais as súas derradeiras palabras non foron moi afortunadas: "O meu tesouro, alá quedou todo. Quen o queira que o busque. Deixei aló todo canto logrei alcanzar". E así, moitos partiron rumbo á Gran Ruta, co que deu comezo a Era das Grandes Travesías.

Crea un soño e rumbo a el

traza o teu ronsel,

á procura do tesouro

que hai por descubrir.

One Piece!

Non te deixes desnortar

pola agulla do compás,

goberna a túa nave ao chou,

que as súas veas se volvan ás.

Sigue a ruta no mapa que

che vai mostrar a senda

que converte en realidade

o que tantos creron lenda.

Xunta as forzas dos amigos,

se hai que combater feros rivais,

que entre todos venceredes temporais.

E non penses nada máis!

Crea un soño e rumbo a el

traza o teu ronsel,

á procura do tesouro

que hai por descubrir.

O meu tesouro vai comigo

se ti es o meu amigo.

Vamos, vamos navegar...

navegar!

Comments
Welcome to Lyricf comments! Please keep conversations courteous and on-topic. To fosterproductive and respectful conversations, you may see comments from our Community Managers.
Sign up to post
Sort by