Se tedes que me facer calar
que sexa agora,
agora que podo dicir non,
e nada tedes para me comprardes.
Que non quero esperar.
Que sexa agora!
Agora que podo sentir
o peso de tanto medo.
Que non me doe nada
levar a boca pechada,
sodes vós quen fixestes
do silencio palabras.
Que non quero esperar
que o tempo enferruxe a arma,
que non quero que o medo
teña máis tempo para gañarme.
Se tedes que me facer calar
que sexa agora,
agora que teño as mans
para cambiar de guitarra.