Para que todos saiban
a quen ti pertences,
con sangue de miñas veas
pintarei a túa testa.
Para que te respecten
ata coa mirada
e saiban que ti es
miña propiedade privada.
Que ninguén se atreva
a mirarte con ansia
e que manteñan todos
unha respectable distancia...
Pois miña pobre alma
se contorsiona de celos
e non quero que ninguén
respire do teu alento;
Pois, sendo túa dona,
nada máis me importa...
Que marques en ti "só meu":
miña propiedade privada!
Que marques en ti "só meu":
miña propiedade privada...!