Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo,
Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo,
catro rapaces da Puebla
ui ai ai, ui ai ai,
roubaron un rodaballo;
catro rapaces da puebla
roubaron un rodaballo.
Mala chispa te coma
mala chispa che dé
mala chispa che mate
ai ai ie.
O patrón que os mandaba
era un rapaz de Marín,
O patrón que os mandaba
era un rapaz de Marín;
dicíalle o rodaballo:
ui ai ai, ui ai ai,
moito miras ti pra min;
dicíalle o rodaballo
moito miras ti pra min.
Mala chispa te coma
mala chispa che dé
mala chispa che mate
ai ai ie.
Foron a vedelo a lonxa
e con moito disimulo,
Foron a vedelo a lonxa
e con moito disimulo
¿E quén o foi a mercare?
ui ai ai, ui ai ai.
A filla do Cachirulo
¿E quén o foi a mercare?
A filla do Cachirulo.
Mala chispa te coma
mala chispa che dé
mala chispa che mate
ai ai ie.
Eiquí remata a historia
do famoso rodaballo,
Eiquí remata a historia
do famoso rodaballo;
que por non terche aceite,
ui ai ai, ui ai ai,
houbo que comelo asado;
que por non terche aceite,
houbo que comelo asado;
Mala chispa te coma
mala chispa che dé
mala chispa che mate
ai ai ie.