current location : Lyricf.com
/
Songs
/
Nonno Hollywood [Galician translation]
Nonno Hollywood [Galician translation]
turnover time:2024-10-05 06:29:17
Nonno Hollywood [Galician translation]

Algunhas cousas fan dano.

Non as podes reprimir.

Non hai forma de cambia-lo

que non che gusta.

Din que co tempo todo pasa,

pero cando pasa?

Porque non me pasa...

E estou a lembrar

cada vez que rías,

cada vez que na rúa parabas a berrar

coa xente que nos cruzamentos che pitaba.

Avó, deixáchesme dentro dun mundo a pilas.

Centros comerciais onde antes había patios.

Unha xeración con novos discursos.

Fálase máis inglés cós nosos dialectos.

Boto en falta os teus asubíos mentres mexas.

Boto en falta a Livorno das túas historias.

Esta noite pecho os ollos, pero non durmirei.

Non durmirei, non durmirei.

Esta noite pecho os ollos, pero non durmirei.

Non durmirei

e non o sei.

Que bonito é o campo e que gusto dá beber viño.

Cantas mulleres miramos baixando a fiestra.

A riqueza está no sinxelo, no sinxelo...

No simple sorriso un día que non vale nada.

É un pouco coma o segundo tempo

dunha final para esquecer.

Coma un taxi na estación que non dás reservado.

Somos reféns dunha rede que non atrapa peixes,

senón que nos atrapa a nós.

Avó, sempre soño antes de durmir.

Trato de atopar unha forma de entender.

Corremos entre os sorrisos das «luvas brancas»,

pero se caemos entón é problema noso.

A vida agora é unha ponte que se nos pode derrubar.

A vida é un novo ídolo para descargar.

Esta noite pecho os ollos, pero non durmirei.

Non durmirei, non durmirei.

Esta noite pecho os ollos, pero non durmirei.

Non o sei.

Entón

aférrome ós teus consellos

porque sabes que aquí nunca é doado

para quen se segue a rebelar.

Por iso,

cada vez que queira sentirte

pecharei os ollos ante esta realidade.

Avó, deixáchesme dentro dun mundo a pilas.

Unha xeración que non sei sentir.

Pero no fondo somos historias con mil detalles,

fráxiles e preciosos entre os nosos erros.

Boto en falta os teus asubíos mentres mexas.

Boto en falta a Livorno das túas historias.

Esta noite pecho os ollos, pero non durmirei.

Non durmirei, non durmirei.

Esta noite pecho os ollos, pero non durmirei.

Non durmirei, non durmirei.

Esta noite pecho os ollos, pero non durmirei.

Non durmirei

e non o sei.

Comments
Welcome to Lyricf comments! Please keep conversations courteous and on-topic. To fosterproductive and respectful conversations, you may see comments from our Community Managers.
Sign up to post
Sort by