Non me interesa o teu estupor avergoñado
nin moito menos o que xa fun.
Non me interesa axustar contas co deber das cousas
e mentres perderme as horas máis valiosas.
Concedémonos demasiado tempo
facendo cola detrás dun desexo.
Concedémonos demasiado tempo.
Envelleceremos xunto a un desexo.
Non sei de ti, non sei de ti.
Para non arriscarme fíxenme transparente.
Non sei de ti, non sei de min.
Xógome todo e todo segue a ser nada.
Aínda nada.
Non me interesa repasa-lo alfabeto.
Hai moito que o sei e que o repito.
Non me interesa.
Se abaixo hai un taxi que me espera e costa caro
estouno pagando por estar quieto,
pero xa non estou seguro.
Ir de vagar non é serio.
Morreremos nós dun desexo.
Non sei de ti, non sei de ti.
Para non equivocarme fun transparente.
Non sei de ti, non sei de min.
E eu xógomo todo e todo aínda é nada.
Non me interesa.
Teño amor por todas partes
esta noite ou invéntomo.
Non me interesa.
O que me importa é durmir ao teu carón.
Non me interesa.
Non sei de ti, non sei de ti.
Para non equivocarme fun transparente.
Non sei de ti, non sei de min.
E eu xógomo todo e todo aínda é nada.
Non sei de ti, non sei de ti.
Mira que desproveito facerse transparente.
Sei moi pouco e o pouco é pouco máis que nada.
Non me interesa.
Sei moi pouco e o pouco é pouco máis que nada.
Non me interesa.
Sei moi pouco e o pouco é pouco máis que nada.
Non me interesa.
Sei moi pouco e o pouco é pouco máis que nada.
Non me interesa.