Como o vento cantaba,
como o vento reia
miña rapaza, donde foi,
os seus olliños da cor da area
xa non ven o meu corpo,
miña rapaza donde foi
Deixame que chorando, silbante,
as coitiñas dun pranto
o meu lamento de amor,
Eu fuxín lonxe daquel lameiro
onde a herba te coida.
Dorme, dorme ben, meu doce ben
dende que ti te fuches as viñas pardas, dos meus viñedos
non dan un viño mais doce e fresco,
como aquél que bebín nas túas mans
dende que ti te fuches as corredoiras, non van al celo
e o que é belido, deixa de celo
meu ben dorme ben
dende que ti te fuches as viñas pardas, dos meus viñedos
non dan mais viño y non darán