Acababa de chegar.
Só quería tranquilidade
Logo de noites húmidas na estrada.
El púxoseme diante,
Non souben me controlar...
Caeu no medio dun charco de sangue
E díxome:
«Eu era o tolo da cidade;
Ti matáchesme...
Vasme ter que substituír de agora en diante!»
Aceptaron a condena
Por maioria absoluta:
Nin sequera puiden me defender!
«Vagarás até o último día,
Tamén de noite por toda a vila...
Ti es o elixido por todos!»
Dixéronme:
«Ti es o tolo da cidade;
Ti matáchelo...
Valo ter que substituír de agora en diante!»
Vou pasando días e días
Aturando humillacións;
O odio non ten forza cando se está só.
Vou caer dentro deste buraco
Do que non podo escapar,
Faime cantar para aturar a dor!
«Son o tolo da cidade;
Mateino eu...
Vouno ter que substituír de agora en diante...»
Son o tolo da cidade;
Mateino eu...
Vouno ter que substituír
Até que alguén acabe comigo!
Até que alguén acabe comigo...
Até que alguén acabe comigo...