Tra-lo tempo, aí quedei;
xa ves, nin me queixo nin me queixarei.
O meu ser, o que lembro e algunha canción
son hoxe premio de consolación.
E ti, que fixeches para esquecer?
Que foi daquela moza do bar?
Xa o sei, prohibido preguntar.
Moi ben, serei sincera.
Cubrín os ollos coas mans,
e despois imaxinei
que estabas aí, de pé, disimulando
por min...
Pecha a porta,
vén e séntate preto,
que os teus ollos contan
que te viron chorar.
Enche dúas copas
de lembranzas de historias,
que as túas mans inda tremen
se me escoitan falar...
Sen ti xa non poderei escoitar
xamais a boa vida,
volverme a rir daquel final
no que o bo acaba mal;
sen ti xa non volverei ao lugar
onde te coñecín;
xa o sei, prohibido lembrar.
Moi ben, serei sincera.
Cubrín os ollos coas mans
e despois imaxinei
que estabas aí, de pé, disimulando
por min...
Pecha a porta,
vén e séntate preto,
que os teus ollos contan
que te viron chorar.
Enche dúas copas
de lembranzas de historias,
que as túas mans inda tremen
se me escoitan falar...
Ti cóidate,
aquí estarei ben.
Esquéceme,
eu lembrarei...
E pecha a porta,
vén e séntate preto,
que os teus ollos contan
que te viron chorar.
Enche dúas copas
de lembranzas de historias,
que as túas mans inda tremen
se me escoitan falar...
Pecha a porta,
vén e séntate preto,
que os teus ollos contan
que te viron chorar.
E enche dúas copas,
e imos bailar nolos dous...