current location : Lyricf.com
/
Songs
/
Azul Eléctrico [Galician translation]
Azul Eléctrico [Galician translation]
turnover time:2025-04-19 06:13:33
Azul Eléctrico [Galician translation]

Cada vez máis balas nas costas,

cada vez máis frío.

Non me queda nada, déixame o abrigo,

que me falta o aire para respirar.

Todas as promesas que lembro

dende que era un cativo

morren na area, lévanme contigo.

Volvo ao cuarto onde me ensinaches a andar.

Derrubeime,

foi coma o soño dunha noite de verán.

E, malia que gañei,

agora hai que saber perder.

Dáme unha aperta e promete

que inda nos resta un día

onde todo siga a ser dese mesmo azul eléctrico,

e báixame a Lúa como a primeira vez

e xúrame que, pase o que pase, non te hei perder,

e que me quererás ata o final.

Mortas as olladas, morto o lume,

morto xa o instinto.

Escapei do mundo, leveime o esquecemento.

E agora só bailo na escuridade.

Voo cara a túa luz,

pero pésanme os anos perdidos,

a condena imposta, só dous feridos.

Teño tanto medo de perderme máis.

Derrubeime,

foi coma o soño dunha noite de verán.

E, malia que gañei,

agora hai que saber perder.

Dáme unha aperta e promete

que inda nos resta un día

onde todo siga a ser dese mesmo azul eléctrico,

e báixame a Lúa como a primeira vez

e xúrame que, pase o que pase, non te hei perder,

e agora pérdome eu.

Dáme unha aperta e promete

que inda nos resta un día

onde todo siga a ser dese mesmo azul eléctrico,

e báixame a Lúa como a primeira vez

e xúrame que, pase o que pase, non te hei perder

ata o final,

ata o final...

E báixame a Lúa como a primeira vez

e xúrame que, pase o que pase, non te hei perder,

e agora pérdome eu.

Dáme unha aperta e promete

que inda nos resta un día

onde todo siga a ser dese mesmo azul eléctrico,

e báixame a Lúa como a primeira vez

e xúrame que pase o que pase non te hei perder

e que me quererás ata o final.

Comments
Welcome to Lyricf comments! Please keep conversations courteous and on-topic. To fosterproductive and respectful conversations, you may see comments from our Community Managers.
Sign up to post
Sort by
Show More Comments
Amaia Montero
  • country:Spain
  • Languages:Spanish
  • Genre:Flamenco, Latino, Pop, Pop-Rock
  • Official site:http://www.amaiamontero.com/
  • Wiki:http://en.wikipedia.org/wiki/Amaia_Montero
Amaia Montero
Latest update
Copyright 2023-2025 - www.lyricf.com All Rights Reserved