current location : Lyricf.com
/
Songs
/
9 primavere [Galician translation]
9 primavere [Galician translation]
turnover time:2024-07-07 19:51:43
9 primavere [Galician translation]

Nove primaveras, nove invernos, outros tantos veráns,

e despois aqueles outonos que nos encantaban.

Catro casas, tres mudanzas,

tres mil catrocentos días xuntos.

Libros, historias boas, cóntoche cousas. Esta noite

non me apetece saír, ¿cociñas ti? Aínda que sexan espaguetes para dous,

se os fas coma ti sabes está ben.

Volvo tarde, come ti, non tes que agardar por min.

Apaga aquela luz, meu amor, fai moito ruído,

Quizais me erga, quizais escriba, teño na cabeza unha canción coma un temporal

que non quere caer.

Son só bágoas

e non ten nada de especial.

Unha por cada paso dado xuntos.

Unha por todas aquelas noites en vela escoitando

cancións de amor.

Esas que sempre fan dano.

Unha por cada pequena emoción.

A túa roupa en sete bolsas

e unha de máis porque

te quero.

Cine, despois pizza e cervexa, paseo ata casa.

Que grande é esta lúa que se asemella á nosa.

Lémbraste? Era fermosa coma ti cando eras nova.

Agora es unha marabilla.

Dis que teño que coidar de min mesmo,

agora que non é o mesmo, agora que cambiou todo.

Pero o único xeito que teño de quererme é a través de ti.

Si, a través de ti.

Son só bágoas

e non ten nada de especial.

Unha por cada paso dado xuntos.

Unha por todas aquelas noites en vela escoitando

cancións de amor.

Esas que sempre fan dano.

Unha por cada pequena emoción.

A túa roupa en sete bolsas

para levar quen sabe onde.

Quen sabe onde.

Non sabes que está chovendo

porque estamos rompendo?

Se non, non chovería tanto.

E estas nubes de aceiro fan desaparecer o ceo.

Verás que volverá o bo tempo.

Mañá volverá o bo tempo.

Son só bágoas.

É só ciencia e pódese explicar.

É só un pouco de auga con sal.

É só unha ocasión para cantar en voz baixa

unha canción de amor.

Desas que fan un dano atroz,

pero que a ciencia non te pode explicar

e non hai nada que entender, son bágoas porque

te quero.

Porque te quero.

Quérote.

Comments
Welcome to Lyricf comments! Please keep conversations courteous and on-topic. To fosterproductive and respectful conversations, you may see comments from our Community Managers.
Sign up to post
Sort by
Show More Comments
Ermal Meta
  • country:Italy
  • Languages:Italian, Albanian
  • Genre:Pop, Singer-songwriter
  • Official site:http://www.mescalmusic.com/artisti/ermal-meta/
  • Wiki:https://it.wikipedia.org/wiki/Ermal_Meta
Ermal Meta
Latest update
Copyright 2023-2024 - www.lyricf.com All Rights Reserved